Ao non ser posible a práctica da notificación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento xestionen a biomasa vexetal e retiren as especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade dos expedientes administrativos, están á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Así mesmo, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral |
Localización |
Persoa interesada |
|
Xestión de biomasa vexetal. Expediente 5029/2024 Resolución do 9.9.2025 |
27067A037000490000XJ 27067A037000510000XI |
Río Pedroso-Magazos-Viveiro |
33675634T 32277811W 33673959G 33676914S |
|
Xestión de biomasa vexetal. Expediente 7400/2025 Resolución do 7.10.2025 |
27067A060009390000XH 27067A060009520000XP 27067A059029230000XI |
Guistilán-Galdo-Viveiro |
76543702R |
Viveiro, 3 de novembro de 2025
María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa
