A base oitava das resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 19 de decembro de 2023 (DOG núm. 241, do 21 de decembro, e DOG núm. 246, do 29 de decembro) e do 19 de abril de 2024 (DOG núm. 85, do 30 de abril), polas que se convoca o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa (en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual), técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria e técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, dispón que, unha vez realizada polo tribunal a baremación dos méritos achegados polos/as aspirantes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará, no Diario Oficial de Galicia, o anuncio da súa exposición con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso.
De conformidade coa antedita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa (en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual), técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria e técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo. De conformidade coa base oitava das resolucións do 19 de decembro de 2023 e do 19 de abril de 2024, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
