DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de novembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Monte Grande I, no concello de Bande.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Monte Grande I, pertencente á CMVMC das parroquias de Garabelos, Nigueiroá, O Ribeiro e Vilar, no concello de Bande, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 10.6.2025 a CMVMC das parroquias de Garabelos, Nigueiroá, O Ribeiro e Vilar presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/1646821) de revisión de esbozo do MVMC Monte Grande I, no concello de Bande.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da asemblea xeral do 6.4.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 25 de xuño de 2025 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares. Porén, si se aprecia unha variación significativa no extremo máis oriental do corpo ou predio principal do monte. En concreto, rexístrase unha notable perda da superficie clasificada inicialmente nesa zona, xerándose un novo e pequeno couto redondo no que antes era unha extensión continua de terreos clasificados.

A superficie do MVMC Monte Grande I, unha vez revisado o esbozo, sería de 567,88 ha fronte ás 575 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 1,2 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Monte Grande I.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 25 de xuño de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 6 de outubro de 2025:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Monte Grande I, pertencente á CMVMC das parroquias de Garabelos, Nigueiroá, O Ribeiro e Vilar, no concello de Bande.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 10 de novembro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file