Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Comunal de San Xusto, pertencente á CMVMC da parroquia de Avión, no concello de Avión, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. O 16.6.2025 a CMVMC da parroquia de Avión presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/1704687) de revisión de esbozo do MVMC Comunal de San Xusto, no concello de Avión.
Coa solicitude achegou a seguinte documentación:
– Certificación do acordo da asemblea xeral do 7.6.2025.
– Memoria e planos.
– Arquivos xeográficos en formato vectorial.
Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 26 de xuño de 2025 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares.
A superficie do MVMC Comunal de San Xusto, unha vez revisado o esbozo, sería de 904,72 ha fronte ás 897,20 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 0,8 %.
Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable revisión do esbozo do MVMC Comunal de San Xusto.
Consideracións legais e técnicas:
Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.
De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión, axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 26 de xuño de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 6 de outubro de 2025:
Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Comunal de San Xusto, pertencente á CMVMC da parroquia de Avión, no concello de Avión.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 10 de novembro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
