DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Forcarei que supón a extinción da DH.A36.05350 (expediente DH.A36.89914).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Forcarei.

Expediente: DH.A36.89914.

Volume total anual: 83.279,55 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 5,62 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: once (11) mananciais: M1 a M11 e regueiro de Barbeitas.

M1, M2, M3 en parcela 430, polígono 300.

M4 a M10 en parcela 355, polígono 55.

M11 en parcela 88, polígono 100.

Regueiro de Barbeitas en parcela 9001, polígono 400.

Todas do catastro de Forcarei.

Lugar: Soutelo de Montes, Monte de Soutelo e Portela de Lamas.

Parroquia: Pardesoa e A Madanela de Montes.

Concello: Forcarei.

Descrición:

A auga das captacións condúcese a depósito na parcela 430, polígono 300 do que parte unha rede de distribución, que abastece os lugares de Soutelo de Montes, A Madanela e Vilapouca, así como o polígono de Vilapouca e tres fontes públicas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de xuño de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur