DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de novembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-74-451-C e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-74-451-C e quince máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

E-74-451-C

María Cancela Pérez

15.10.2025

E-74-440-C

Narcisa Martínez Sánchez

15.10.2025

E-1970-C

Carmen García Martínez

15.10.2025

E-1001-P

Manuel Jorge Roqueiro

15.10.2025

E-1113-P

Florinda Conde Fernández
Ramón Souto Souto

15.10.2025

E-1138-P

Ramiro Gómez Mariño e demais veciños do lugar de Covas

15.10.2025

E-1134-P

Manuel Morgade Rey

15.10.2025

E-67-7007-C

José Seoane Seoane

15.10.2025

E-76-383-C

José María Varela Budiño

15.10.2025

E-71-1963-C

Benjamín Pérez Rey

15.10.2025

E-65-7165-C

Ramón de la Fuente Naya

15.10.2025

E-64-2181-C

José Arnoso Meizoso e outros

15.10.2025

E-1321-C

Herminio Río García

15.10.2025

E-1401-C

Jesús Lareu García

15.10.2025

E-1634-C

José Salgado Rodríguez

15.10.2025

DH.A15.1315

Comunidade de regantes de Hedreira

15.10.2025