De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo), así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),
RESOLVE:
Primeiro. Convocar, para a súa cobertura polo procedemento de libre designación, a provisión do posto de supervisor/a de área funcional na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que se relaciona no anexo I das bases da resolución da convocatoria.
Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como no portal web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.gal).
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025
María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos
