De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade, do 7 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efecto a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
|
36T/25 |
Antonio |
Romero Vidal |
***3470** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Física Atómica, Molecular e Nuclear |
Física de Partículas |
Santiago de Compostela |
C02094 |
|
40T/25 |
Ana |
Pérez Varela |
***3287** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Historia da Arte |
Historia da Arte |
Santiago de Compostela |
C02098 |
|
46T/25 |
José Manuel |
Díaz Cao |
***5052** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Sanidade Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
C02104 |
|
47T/25 |
Susana |
Remesar Alonso |
***6592** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Sanidade Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
C02105 |
|
48T/25 |
Alberto |
Prieto Lago |
***6790** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Sanidade Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
C02106 |
|
62T/25 |
Santiago |
Martínez Isasi |
***9613** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Enfermaría |
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina |
Santiago de Compostela |
C02120 |
