DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60339

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación das acreditacións recoñecidas ao persoal docente ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2025 pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido na dita Resolución do 22 de maio de 2025, e unha vez vista a proposta do presidente da Comisión de Acreditación da Competencia Dixital Docente do 19 de novembro de 2025,

RESOLVO:

Anunciar que na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a listaxe cos recoñecementos das acreditacións obtidas polo procedemento de recoñecemento de títulos oficiais que habiliten para a profesión docente e polo proceso de análise e validación de evidencias.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos