De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non sendo posible practicar a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao ignorar o lugar de notificación, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo o acto de apertura do trámite de audiencia no procedemento de perda da condición de persoa usuaria do servizo, co número de expediente LU-0000074484.
A persoa interesada, ou representante debidamente acreditada, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, situadas na avenida Fernando de Casas Novoa, 35, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase practicada para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación por comparecencia, para presentar as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
|
Persoa interesada |
Expediente |
Acto notificado |
Data do acto |
|
X4594987R |
LU-0000074484 |
Apertura do trámite de audiencia |
24.10.2025 |
