Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT MEA805 substitución do apoio B4EOFAHW//40-29-11, no concello de Cedeira (expediente IN407A 2024/190-1), mediante a Resolución deste departamento territorial, do 1 de agosto de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 29 de xaneiro de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Cedeira, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 3.3.2025, no BOP do 13.2.2025 e no xornal La Voz de Galicia do 25.2.2025, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 3 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
