DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2025/220-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Regulamentación LMT TUI803 entre o apoio 9UOH506V//115-2 e o CT 36CPN5.

Situación: Tomiño.

Características técnicas:

– Substitución do apoio 9UOH506V//115-2 da liña de media tensión aérea (LMTA) TUI803 Tomiño, por un apoio C-2000/16, no cal se instala un reconectador telecontrolado e un paso aero-subterráneo.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, de 700 metros de lonxitude, con orixe no paso aero-subterráneo no apoio proxectado C-2000/16 (9UOH506V//115-2) e final no centro de transformación Vilachán Pego 36CPN5.

– Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado C-2000/16 (144 metros de condutor LA-30).

– A instalación está situada nos lugares de Vilachán e A Gándara, parroquia de Tomiño, no concello de Tomiño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 31 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2025/220-4.

Denominación: Regulamentación LMT TUI803 entre o apoio 9UOH506V//115-2 e o CT 36CPN5.

Concello: Tomiño.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Apoio

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Lg. Vilachán. Tomiño. Veiga Grande. Tomiño

Urbano. Piñeiral madeireiro

36054A066010420001RU

Viñedos Vilachán, S.L.

1

2,0

1,8

5,36