DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2025/219-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT Quintián de Abaixo.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, de 948 metros de lonxitude (2×474), con orixe e final nos empalmes coa liña de media tensión subterránea (LMTS) SDM719, na arqueta proxectada na rúa do Falcoido, 2, realizando entrada e saída no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto, a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado entre as parcelas con referencias catastrais 54057A173001430000BT e 54057A173001420000BL, no lugar de Quintián.

– A instalación está situada en Quintián, parroquia de Beade, no municipio de Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 31 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2025/219-4.

Denominación: LMTS, CT Quintián de Abaixo.

Concello: Vigo.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Apoio/CT

m2

ml aéreo

m2 aéreo

ml sub.

m2 sub.

1

Quintián,

Valadares, Vigo

Rústico. Agrario. Viña secaño

54057A173001430000BT

Descoñecido

CT 01

19,8

-

-

-

-

2

Quintián,

Valadares, Vigo

Rústico. Agrario. Labor ou labradío

54057A173001420000BL

Descoñecido

CT 01

12,8

-

-

-

-