Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTA e instalación de telecontrol no apoio AOHWHLL1//27 da LMTA FRI804.
Situación: Crecente.
Características técnicas:
– Substitución dos apoios AOOMPMCH//26 e AOHWLL1//27 da liña de media tensión aérea (LMTA) FRI804 Arbo-Cog. Maderas Montero 4, por un apoio C-2000/14 e un C-3000/14, respectivamente, e instalación dun novo apoio C-1000/14 entre eles.
– Instalación dun reconectador telecontrolado no apoio proxectado C-3000/14 (AOHWLL1//27).
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 320 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 (AOOMPMCH//26) e final no apoio proxectado C-3000/14 (AOHWLL1//27).
– Retensado dos vans contiguos ao apoio C-3000/14 (196 metros de condutor LAC-80 e 64 metros de LA-30) e do van contiguo ao apoio C-2000/14 (154 metros de condutor LAC-80).
– A instalación está situada na Foz, parroquia de Ribeira, no concello de Crecente.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 3 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. de expediente: IN407A 2025/218-4.
Denominación: LMTA e instalación dun telecontrol no apoio AOHWHLL1//27 da LMTA FRI804.
Concello: Crecente.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|||||
|
Pleno dominio (m2) |
Servidume |
|||||||||
|
Apoio |
m2 |
ml aéreo |
m2 aéreo |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Lg. Cubelos. Crecente |
Rústico. Agrario. Labradío secaño |
36014A049005740000YJ |
Descoñecido |
1 |
2,0 |
- |
- |
- |
- |
|
2 |
Lg. Cubelos. Crecente |
Rústico. Agrario. Labradío secaño |
36014A049005470000YH |
Lauro e Teresa Gómez Vázquez |
2 |
2,0 |
- |
- |
- |
- |
|
3 |
Lg. Cubelos. Crecente |
Rústico. Agrario. Labradío secaño |
36014A004002030000YE |
Óscar |
3 |
2,0 |
- |
- |
- |
- |
