De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 das bases reguladoras, publícase a concesión dos premios do Comercio galego convocados pola Orde do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 162, do 26 de agosto), que figura no anexo a esta resolución.
Norma reguladora: Orde do 18 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio galego 2025 (código de procedemento IN214C).
Finalidade da subvención: premios do Comercio galego.
Crédito orzamentario: 19.000,00 €.
Aplicación orzamentaria: 44.06.751A.481.0.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025
Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo
ANEXO
Beneficiarios dos premios do Comercio galego
Premio Comercio 2025, cunha contía de 5.000 euros:
Comunidade Creativa, Sociedade Cooperativa Galega (Mercado Galego da Creatividade) (NIF **** 1282).
Premio Comercio Traxectoria 2025, cunha contía de 3.000 euros:
Panadería Pallarés (NIF ****5824).
Premio Comercio Emprende 2025, cunha contía de 3.000 euros:
Ana Rodríguez García (Amoras) (DNI 7672****).
Premio Comercio Dinamización 2025, cunha contía de 5.000 euros:
Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro (NIF ****4131).
Premio Comercio Sostenible 2025 responsable, cunha contía de 3.000 euros:
Arroupa Santiago Eil, S.L. (NIF ****7659).
