DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60491

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Outro Conto, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

De acordo co disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Outro Conto, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 13 de novembro de 2025, se acordou por unanimidade de votos iniciar o proceso de disolución e liquidación de Outro Conto, S. Coop. Galega. Queda como liquidadora Alba Cobo Gayoso.

Vigo, 14 de novembro de 2025

Alba Cobo Gayoso
Liquidadora de Outro Conto, S. Coop. Galega