DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza pola quenda de acceso libre (OEP 2023).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 245, do 24 de outubro de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras cos seus anexos que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro, incluída na oferta de emprego público do ano 2023, que a seguir se sinala:

Acceso libre.

Grupo

Natureza

Clasificación

Nº de prazas

Correspondencia posto RPT

A1

Funcionario

Escala de Administración especial, subescala técnica

1

Profesor/a (EC2-/059)

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 3 de novembro de 2025

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa