DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a varias persoas interesadas as resolucións de modificación das bases de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no BOE.

Pontevedra, 10 de novembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

MB_CT_154_00637_25_resolución1

76801407Z

Resolución de modificación das bases

MB_CT_158_01176_25_resolución5

33211735B

Resolución de modificación das bases

MB_CT_159_01217_25_resolución2

76801833A

Resolución de modificación das bases

MB_CT_160_01221_25_resolución2

52481886A

Resolución de modificación das bases

MB_CT_162_01236_25_resolución2

76808677Q

Resolución de modificación das bases

MB_CT_167_01641_25_resolución4

35286362S

Resolución de modificación das bases

MB_CT_167_01641_25_resolución5

76800645B

Resolución de modificación das bases