DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica a resolución do contrato do lote 11 do expediente 4/2009.

O secretario xeral técnico acordou, o 23 de outubro de 2025, a resolución do contrato administrativo asinado o 5 de xuño de 2009 entre a Consellería do Medio Rural e a empresa Cotiasa, S.L. para a prestación dos servizos técnicos relativos aos traballos preparatorios necesarios para cada fase do proceso de concentración parcelaria (expediente 4/2009), lote 11: colaboración de servizos técnicos para a realización do proxecto e acordo de concentración das novas parcelas na zona de Catoira, situado en Catoira (Pontevedra).

Ao resultar infrutuosa a notificación electrónica deste acordo, emprázase a persoa interesada sinalada no anexo para ser notificada por comparecencia, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, situada no Edificio Administrativo núm. 4 de San Caetano, s/n, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela, en que está á súa disposición o texto íntegro da dita resolución, ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A comparecencia deberá realizarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: 4/2009, lote 11: colaboración de servizos técnicos para a realización do proxecto e acordo de concentración das novas parcelas na zona de Catoira, situado en Catoira (Pontevedra).

NIF interesado: B36116366.

Acto de notificación: resolución do contrato.