DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60656

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 14 de novembro de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública anunciada pola Orde do 17 de setembro de 2025 para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do posto FC.C02.00.005.15770.001).

Mediante a Orde do 17 de setembro de 2025 (DOG núm. 186, do 26 de setembro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 17 de setembro de 2025 e designar a persoa relacionada no anexo a esta resolución para ocupar o posto que se indica.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

A toma de posesión do novo destino deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou no prazo de sete días, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen as licenzas ou permisos que, de ser o caso, teña concedidos a persoa designada; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A Xefatura de Persoal do centro onde cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña a praza, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Datos do persoal funcionario:

Nome e apelidos: Marta Pardo Manzanares.

Número de rexistro de persoal: **** 637024 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Xogo.

Código do posto: FC.C02.00.005.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro.

Localidade: Santiago de Compostela.