DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60652

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 13 de novembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do posto PR.C09.00.001.15770.001).

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas solicitantes deberán achegar coa petición o seu currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, de conformidade co previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O prazo posesorio empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso do persoal funcionario doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Ordenación do Transporte.

Código do posto: PR.C09.00.001.15770.001.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Mobilidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file