DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60665

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 24 de outubro de 2025 (DOG núm. 212, do 3 de novembro) ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, de acordo coa elección realizada.

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2025.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº orde elección

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

***2435**

Castro Balboa, Diego

5

EIO291010136440002

Xefatura da Área Técnica de Seguridade no Traballo e Hixiene Industrial

EM

Centro Territorial do Issga
en Pontevedra

Servizos periféricos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Redondela

A1

26

2

***3635**

Gasalla Regueiro, Manuel

1

EIO291000027001007

Técnico/a superior de seguridade
e saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga
en Lugo

Servizos periféricos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Lugo

A1

24

3

***9700**

Janeiro Pereira, Fernando

2

EIO291000015001004

Xefatura da Sección de Seguridade
no Traballo II

EM

Centro Territorial do Issga
na Coruña

Servizos periféricos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

A Coruña

A1-A2

25

4

***4640**

Copa Arias, María Jesús

4

EIO291000015001009

Técnico/a superior de seguridade
e saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga
na Coruña

Servizos periféricos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

A Coruña

A1

24

Decreto 138/2007, do 5 de xullo, polo que se regula a habilitación do persoal técnico

5

***1913**

Bértoa Veiga, Gema

3

EIO291000015001002

Xefatura da Área Técnica de Seguridade no Traballo e Hixiene Industrial

EM

Centro Territorial do Issga
na Coruña

Servizos periféricos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

A Coruña

A1

26

6

***7846**

Esperante Insua, Rosa Eva

6

EIO210000215770009

Xefatura da Sección de Formación,
Divulgación e Documentación

EM

S.X. Técnica e de Planificación

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Santiago de
Compostela

A1-A2

25

394

7

***9974**

Sáez Taboada, Carlos Alberto

7

EIO291000015001010

Técnico/a superior de seguridade
e saúde laboral

EM

Centro Territorial do Issga
na Coruña

Servizos periféricos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

A Coruña

A1

24

Formacións específicas

Código

Descrición

394

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.).