Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 24 de outubro de 2025 (DOG núm. 212, do 3 de novembro), a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, de acordo coa elección realizada.
Segundo. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2025.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Núm. orde elección |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observ. |
|
1 |
***5964** |
Rodríguez Lorenzo, Juan Manuel |
3 |
EIO291000032001005 |
Xefatura Sección Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas II |
EM |
Centro Territorial do Issga en Ourense |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
Ourense |
A1 |
25 |
||
|
2 |
***7231** |
Lama Varela, Antonio |
5 |
EIO291010136440008 |
Xefatura Sección Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas III |
EM |
Centro Territorial do Issga en Pontevedra |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
Redondela |
A1 |
25 |
||
|
3 |
***1189** |
Varela Cerdeira, Esther |
1 |
EIO291000015001005 |
Xefatura Sección Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas I |
EM |
Centro Territorial do Issga na Coruña |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
A Coruña |
A1 |
25 |
||
|
4 |
***5399** |
Ferrón Vidán, Lucía María |
8 |
EIO210000215770008 |
Xefatura Sección Coordinación Preventiva de Hixiene e Saúde |
EM |
SX Técnica e de Planificación |
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
25 |
394 |
|
|
5 |
***8455** |
Santamariña Pena, Elena |
4 |
EIO291010136440007 |
Xefatura Sección Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas II |
EM |
Centro Territorial do Issga en Pontevedra |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
Redondela |
A1 |
25 |
||
|
6 |
***3956** |
López Gulin, Faustina |
2 |
EIO291000032001004 |
Xefatura Sección Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas I |
EM |
Centro Territorial do Issga en Ourense |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
Ourense |
A1 |
25 |
||
|
7 |
***7619** |
Gómez Álvarez, Francisco Javier |
7 |
EIO291000015001011 |
Técnico/a superior de Seguridade e Saúde Laboral |
EM |
Centro Territorial do Issga na Coruña |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
A Coruña |
A1 |
24 |
Decreto 138/2007, do 5 de xullo, polo que se regula a habilitación do persoal técnico |
|
|
8 |
***9785** |
Camino Vieiro, María José |
6 |
EIO291010136440012 |
Técnico/a superior de Seguridade e Saúde Laboral |
EM |
Centro Territorial do Issga en Pontevedra |
Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia |
Redondela |
A1 |
24 |
|
Formacións específicas |
|
|
Código |
Descrición |
|
394 |
Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.). |
