DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque empresarial do Carballiño-Maside (expediente 2025AAE3023).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 10 de novembro de 2025 sobre o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque empresarial do Carballiño-Maside.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3023).

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade