DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 2025 Páx. 60887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador ANI-LU-0056-2025-V e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Lugo, 11 de novembro de 2025

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-LU-0056-2025-V

33335335D

Proposta de resolución

Pola instrutora

ANI-LU-0076-2025-V

44010841L

Acordo de inicio

Polo director territorial