DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 2025 Páx. 60991

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 17 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2023.

Polas resolucións do 15 de decembro de 2023, que se recollen no anexo I da presente orde, convocáronse varios procesos de funcionarización.

Unha vez rematados os procesos antes indicados, procede ditar a presente orde coa finalidade de regular varios aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.

De conformidade co artigo 72 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o principio de simplificación administrativa, procede acordar unha única orde para regular as cuestións derivadas do cambio do vínculo xurídico das persoas afectadas polos ditos procesos de funcionarización.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto regular o cambio do vínculo xurídico do persoal recollido no anexo II desta orde que superou os correspondentes procesos de funcionarización.

2. Así mesmo, establécese o prazo de toma de posesión como persoal funcionario de carreira do dito persoal.

3. Clarifícanse finalmente outros aspectos ligados ao cambio do vínculo xurídico coa Administración do persoal que superou o devandito proceso de funcionarización.

Artigo 2. Prazo para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico

A partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá a asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Os efectos administrativos da sinatura deste acordo de extinción serán do 30 de novembro de 2025.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Artigo 3. Prazo para o cambio do vínculo xurídico coa Administración

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio de vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de decembro de 2025.

Artigo 4. Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas, incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto

No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo. Nos supostos de incapacidade temporal ou de incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Artigo 5. Efectos do incumprimento dos prazos

O incumprimento dos prazos antes indicados, agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, e manterá a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes a dita condición.

Artigo 6. Excedencias

Segundo o establecido no artigo 8.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, o persoal laboral conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 7. Trienios

Segundo o artigo 9.3 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, o persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como persoal laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.

Percibiranse os trienios recoñecidos valorados na contía que corresponda ao corpo, subgrupo, escala ou especialidade do posto equivalente.

As diferenzas de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario percibirase nun concepto na nómina nos termos recollidos no artigo seguinte.

O primeiro trienio que se perfeccione como persoal funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como persoal laboral.

Artigo 8. Complemento de funcionarización

Segundo o establecido no artigo 9.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, a diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización.

Este complemento dividirase en dúas partes:

Parte a) funcionarización-persoal: comprende a diferenza de retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, percibidas como persoal laboral fixo, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as percibidas como persoal funcionario. Este complemento percibirase en 12 mensualidades. Este complemento non é compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Parte b) funcionarización-antigüidade: que recollerá a diferenza de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario. Este complemento percibirase en 14 mensualidades e non será compensable nin absorbible.

Artigo 9. Consolidación do grao persoal

A consolidación do grao persoal realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Artigo 10. Persoal en adscrición temporal

O persoal que no momento da toma de posesión estea en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.

Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Artigo 11. Compatibilidades

As persoas que, ao abeiro da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar, ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade mentres non se dita a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto. 

Artigo 12. Mantemento das interinidades

Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Artigo 13. Reducións de xornada

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio do vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez se formalice o cambio.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Convocatorias dos procesos de funcionarización obxecto da presente orde

Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 243, do 26 de decembro).

Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 243, do 26 de decembro).

ANEXO II

Persoal nomeado persoal funcionario de carreira

– Corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1.

Categoría 4 (titulado/a superior) do grupo I.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Armesto Pina, José Francisco

***0500**

FCI010000015770010

Definitivo

López Diéguez, María Cristina

***1812**

FCI010000015770011

Definitivo

– Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2.

Categoría 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado) do grupo IV e categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Abelleira Ónega, Silvia Teresa

***2466**

EDC994011415001034

Definitivo

Albor Novais, María Carmen

***1352**

EDC994090136590005

Definitivo

Alcalde Riveiro, María Inmaculada

***5177**

EDC994010236001059

Definitivo

Álvarez Fernández, Isabel Expectación

***2936**

EDC994010132001023

Definitivo

Álvarez Prieto, María Dolores

***4223**

EDC994010132001043

Definitivo

Alvite Fraga, Celina

***6143**

EDC994010127001059

Definitivo

Ansia García, Mercedes

***9206**

EDC994090132001013

Definitivo

Araujo Vázquez, Blanca Rosa

***8549**

EDC994090132001040

Definitivo

Arbones Fernández, Beatriz

***7368**

EDC994010236001058

Definitivo

Arias González, María Nelly

***5922**

EDC994011415001013

Definitivo

Astray Iglesias, Mónica Fátima

***5640**

EDC994090115001014

Provisional

Bao Fernández, María Ángeles

***4563**

EDC994010236001005

Definitivo

Barral Lea, María Rosario

***4095**

EDC994090215770027

Definitivo

Bermúdez Ríos, Isabel Filomena

***2040**

EDC994011415001133

Definitivo

Bodenlle López, Mercedes

***1966**

EDC994010127001022

Definitivo

Busto Naveira, Sonia María

***9498**

EDC994011415001137

Definitivo

Cal López, Eva Eulalia

***7568**

EDC994010236001090

Definitivo

Calvo Buyo, Manuela

***4914**

EDC994011415001109

Definitivo

Camba Sánchez, María Ángel

***7007**

PSC994050115001547

Definitivo

Cameselle Hernández, Ana Eva

***5429**

EDC994010236001034

Definitivo

Camiña Soutullo, Ana María

***7567**

EDC994010236001001

Definitivo

Campelo Ferreiro, Carmen

***6526**

PSC994050115001502

Definitivo

Campo Díaz, Mónica María

***8924**

EDC994011415001070

Definitivo

Canal Rodríguez, Carlos

***7396**

EDC994010236001021

Definitivo

Cancio Álvarez, Pilar

***2456**

EDC994090127001018

Definitivo

Caramés Gorgal, María Dolores

***8782**

EDC994011415001015

Definitivo

Casal Pérez, María Guadalupe

***4696**

EDC994010236001028

Definitivo

Castelao Bugarín, Laura

***0294**

EDC994010132001009

Definitivo

Castro Díaz, María Carmen

***7520**

EDC994010127001038

Definitivo

Castro Rodríguez, María Mercedes

***3908**

EDC994010236001013

Definitivo

Chaos Riveiro, Ana Esmeralda

***0616**

EDC994010236001107

Definitivo

Colorado Fernández, Vanesa

***2654**

EDC994010236001089

Definitivo

Conde Salgado, Bieito

***0437**

EDC994090132001015

Provisional

Correa Bescansa, Jorge Teodoro

***1198**

EDC994010236001065

Definitivo

Correa Ponte, María del Pilar

***8045**

EDC994011415001074

Definitivo

Corredoira Castro, Purificación

***2059**

EDC994010127001027

Definitivo

Costa Dorado, María Carmen

***8489**

EDC994010236001111

Provisional

Costas Otero, Silvia

***9759**

EDC994010236001084

Definitivo

Cuquejo González, Ana María

***5308**

EDC994010236001007

Definitivo

Currás Abalde, Yolanda

***9345**

EDC994010236001113

Definitivo

Dávila Guimeráns, Sandra

***1061**

EDC994010236001045

Definitivo

De los Santos Amboage, Sara

***9036**

EDC994010236001060

Definitivo

Díaz Meira, Esther

***6324**

EDC994010127001019

Definitivo

Díaz Sánchez, José Manuel

***6918**

EDC994011415001079

Definitivo

Dios Piñón, María Elena

***8685**

EDC994010236001015

Definitivo

Diz Couto, María Victoria

***9550**

EDC994010236001112

Definitivo

Domínguez García, José Antonio

***7898**

EDC994010132001011

Definitivo

Domínguez Jorge, Elvira Isabel

***6550**

EDC994011336560003

Definitivo

Domínguez Torres, Sonia

***0888**

EDC994010236001037

Definitivo

Durán Cortegoso, María Elisa

***0109**

EDC994010236001100

Definitivo

Duro Martínez, María José

***7702**

EDC994090136590006

Definitivo

Estévez Martínez, Álvaro

***5782**

EDC994010236001002

Definitivo

Falcón Lains, María Dolores

***8280**

EDC994010236001057

Definitivo

Fariña Louzao, Ana María

***0932**

EDC994010236001027

Definitivo

Fernández Bargiela, María Teresa

***0224**

EDC994010236001064

Definitivo

Fernández Castro, Montserrat

***2117**

EDC994010132001022

Definitivo

Fernández Fernández, María Alba

***2337**

EDC994090136590003

Definitivo

Fernández Fernández, María Mercedes

***0677**

EDC994010132001025

Definitivo

Fernández Figueroa, María Mercedes

***9884**

EDC994010236001046

Definitivo

Fernández López, Eva

***8224**

EDC994011415001045

Definitivo

Fernández Parente, María Pilar

***4995**

EDC994010132001013

Definitivo

Fernández Pereira, María Jesús

***1859**

EDC994010236001003

Definitivo

Fernández Santamarina, María Teresa

***1763**

EDC994010127001018

Definitivo

Ferreiro Álvarez, María Paz

***3031**

EDC994090115350167

Definitivo

Figueroa Covelo, Aurora

***0066**

EDC994010236001042

Definitivo

Gago González, María Luisa

***4090**

EDC994010236001114

Definitivo

Gámez Troncoso, Catia

***9554**

EDC994010236001043

Definitivo

García Blanco, Josefa María

***6622**

EDC994010127001052

Definitivo

García Collazo, Roberto Carlos

***9531**

EDC994011415001088

Definitivo

García Congil, María Alfonsa

***8237**

EDC994010236001117

Definitivo

García López, Natalia

***4075**

EDC994011415001058

Definitivo

García Novo, María Luz

***5564**

EDC994090127001017

Definitivo

García Núñez, Rosa

***1818**

EDC994010236001069

Definitivo

García Rodicio, Manuela

***3594**

EDC994090132001016

Definitivo

García Seoane, Beatriz

***4993**

EDC994011415001024

Definitivo

Goimil Tato, María Asunción

***9284**

EDC994011415001156

Definitivo

Gómez Manuel, Beatriz

***6479**

EDC994010132001027

Definitivo

González Díaz, María Olga

***1780**

EDC994010127001029

Definitivo

González Domínguez, Enrique

***8787**

EDC994090136560009

Definitivo

González Fontela, Susana

***2427**

EDC994010127001037

Definitivo

González Iglesias, María del Carmen

***9160**

EDC994010236001066

Definitivo

Gutiérrez Alonso, Eva María

***1058**

EDC994010236001020

Definitivo

Hernández Fernández, Lorena

***8382**

EDC994010236001032

Definitivo

Iriarte Sanromán, María Alejandra

***7541**

EDC994010236001004

Definitivo

Jueguen Villanueva, Inmaculada

***6116**

EDC994010236001061

Definitivo

Lago Román, María Luz

***9355**

EDC994010236001026

Definitivo

Leobalde García, Alba

***9060**

EDC994011415001033

Definitivo

López Castro, María Teresa

***0917**

EDC994090127001008

Definitivo

López Pardo, María Teresa

***3940**

EDC994010236001055

Definitivo

López Rodríguez, María del Carmen

***6519**

EDC994010132001045

Definitivo

Lorenzo Solla, María José

***8234**

EDC994010236001016

Definitivo

Macías Regueiro, María Mercedes

***6583**

EDC994011415001052

Definitivo

Malvar Acuña, Ana Mercedes

***8026**

EDC994010236001105

Definitivo

Martínez Otero, Alejandra

***9917**

EDC994010236001052

Definitivo

Martínez Rivas, María Manuela

***5540**

EDC994010127001002

Definitivo

Martínez Suárez, Ángeles

***4042**

EDC994090215001011

Definitivo

Meléndrez Tapia, María Carmen

***8055**

EDC994011415001005

Definitivo

Miranda Feijoo, Beatriz

***4830**

EDC994011415001142

Definitivo

Monteagudo Escariz, Óscar

***8530**

EDC994010236001092

Definitivo

Moreno López de Larrinzar, Miriam

***5708**

EDC994010132001008

Definitivo

Moure Pereira, Mónica

***7293**

EDC994010236001011

Definitivo

Mouriño Martínez, Isabel

***7843**

EDC994011415001100

Definitivo

Ochogavia Rey, Cristina

***3948**

EDC994010236001041

Definitivo

Ortiz Novoa, Isabel

***6763**

EDC994010132001035

Definitivo

Paradelo Rodríguez, Ana Belén

***9021**

EDC994010132001029

Definitivo

Penedo González, Constantina

***6696**

EDC994010236001044

Definitivo

Pequeño Castro, María Jesús

***4904**

EDC994090136350027

Definitivo

Pereira Gómez, María de las Nieves

***9894**

EDC994010236001108

Definitivo

Pereira Méndez, María Jesús

***0739**

EDC994011415001091

Definitivo

Pereira Saborido, José Antonio

***9993**

EDC994010236001049

Definitivo

Pérez Fontana, Enrique

***5617**

PSC994050115001534

Definitivo

Pérez Freijeiro, Yolanda María

***5995**

EDC994010236001095

Definitivo

Pérez García, Anabel

***4229**

EDC994011415001065

Definitivo

Pérez Pombo, María Begoña

***6419**

EDC994011415001077

Definitivo

Pérez Rodríguez, María Raquel

***4024**

EDC994010127001004

Definitivo

Pérez Villar, Helen

***1407**

EDC994011415001067

Definitivo

Ponce Couce, María del Mar

***5092**

EDC994090115350178

Definitivo

Portabales Corbacho, Inmaculada

***7797**

EDC994090132001017

Definitivo

Porto García, Berta

***4508**

EDC994010236001070

Definitivo

Quintela Rodríguez, Oliva María

***7822**

EDC994010132001021

Definitivo

Rafael Cabaleiro, Noelia

***6387**

EDC994010236001086

Definitivo

Ramallo Pérez, María Carmen

***7197**

EDC994010236001036

Definitivo

Recuna Carrasco, María Gloria

***4371**

EDC994010236001023

Definitivo

Regal Ledo, María Pura

***5631**

EDC994090315770050

Definitivo

Regueiro Lamas, María Josefa

***6156**

EDC994010127001001

Definitivo

Reguera Rodríguez, María Carmen

***9891**

EDC994090315770051

Definitivo

Reimúndez Rivas, Mónica

***1731**

EDC994011415001007

Definitivo

Rey Iglesias, Ana María

***6113**

PSC994030132001066

Definitivo

Rey Muiño, María Esther

***0067**

EDC994090215770026

Definitivo

Rey Pasandín, Laura María

***6722**

EDC994011415001080

Definitivo

Rey Seijas, Alicia

***6744**

EDC994090315770045

Definitivo

Ríos Martín, Yolanda María

***1078**

EDC994011415001101

Definitivo

Rivas Otero, María Teresa

***6330**

EDC994010236001040

Definitivo

Rodríguez Barros, Digna Lía

***1539**

EDC994010236001010

Definitivo

Rodríguez Couñago, María Eugenia

***9319**

EDC994010236001039

Definitivo

Rodríguez Dacal, Javier

***9469**

EDC994090136350029

Definitivo

Rodríguez Pereira, María Eugenia

***7067**

EDC994010236001022

Definitivo

Rodríguez Pérez, Patricia

***0289**

EDC994010236001006

Definitivo

Roibas Curros, Eva María

***0760**

EDC994011415001103

Definitivo

Rubal Fernández, Ana María

***5737**

EDC994010127001033

Definitivo

Sánchez Alcalde, María Dolores

***7780**

EDC994011415001023

Definitivo

Sanjosé Bernárdez, María Dolores

***0011**

EDC994010236001075

Definitivo

Santamaría Seijas, María Isabel

***1057**

EDC994010236001054

Definitivo

Santiago Sanmartín, Susana

***8202**

EDC994011415001021

Definitivo

Santos González, Javier

***1990**

EDC994090136350030

Definitivo

Saya Teijo, María Esther

***6807**

EDC994090115350154

Definitivo

Serantes Gómez, María Pilar

***5196**

EDC994010236001110

Definitivo

Sobral Fraguas, María Regina

***1733**

EDC994010236001038

Definitivo

Soto Santiago, Mónica

***7603**

EDC994011415001141

Definitivo

Tembras López, Nuria

***0021**

EDC994010236001072

Definitivo

Tenreiro Domínguez, María

***8473**

EDC994011415001037

Definitivo

Torrado Rivas, María Pilar

***7050**

EDC994010236001071

Definitivo

Trabazo García, Josefa

***9629**

EDC994010236001009

Definitivo

Vázquez Castro, María Felicitas

***6129**

EDC994010127001005

Definitivo

Vázquez Goris, Lourdes

***4276**

EDC994090127300009

Definitivo

Vázquez Novo, Andrés

***9678**

EDC994011415001042

Definitivo

Vázquez Novo, María Fe

***7876**

EDC994090127001023

Definitivo

Vázquez Saavedra, Eva

***3293**

EDC994011415001104

Definitivo

Vázquez Velón, Antonia

***4139**

EDC994090132001019

Definitivo

Vega Castiñeiras, Montserrat

***7669**

EDC994010236001068

Definitivo

Viana Aguiar, Jacqueline

***2253**

EDC994010236001067

Definitivo

Vidal Ares, María Montserrat

***5970**

EDC994011415001128

Definitivo

Vidal Vidal, Beatriz

***0321**

EDC994010236001083

Definitivo

Vidal Vilas, Noemi

***7225**

EDC994010236001047

Definitivo

Vieira-Ferreira Pereira, Ernestina María

***2857**

EDC994010236001093

Definitivo

Vilasánchez Seoane, María Olga

***5921**

EDC994090115350153

Definitivo

Villamor Vidal, María Yolanda

***1657**

EDC994011415001197

Provisional

– Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2.

Categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Boyero Mateos, María Pilar

***2932**

PSC994080227001178

Definitivo

Cid López, Inés

***6391**

PSC994090127560153

Definitivo

Fernández Ruiz, María José

***2660**

PSC994090127560145

Definitivo

Núñez Bruzos, Carmen

***7677**

PSC994090127560166

Definitivo

Rivas Laso, María Jesús

***0921**

PSC994080227001179

Definitivo