O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. acordou, na súa reunión do 8 de setembro de 2025, aprobar a oferta de emprego temporal, para cubrir unha praza actualmente vacante por excedencia do seu titular con reserva de posto, e aprobar as bases da convocatoria do proceso selectivo e a convocatoira da praza de coordinador técnico. Persoal de alta dirección nivel 2.
En virtude do exposto,
Primeiro. Anúnciase a convocatoria para a cobertura temporal do posto de coordinador técnico da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. mediante proceso selectivo que se rexerá polas bases, que serán publicadas na páxina web: www.vivendapublica.gal
O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As solicitudes de participación presentaranse no Rexistro de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. (local 25-Z, 1º andar, Área Central, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), ou nas oficinas de Correos. Neste caso, deberase notificar o envío da documentación mediante correo electrónico ao enderezo: vipugal@vivendapublica.gal, no mesmo día da presentación. Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. Se coincide en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025
María Doporto Santos
Xerente da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.
