No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 211, do 4 de novembro de 2025, publicáronse as bases específicas da praza de persoal funcionario de auxiliar da Administración xeral (quenda libre), incluída na terceira fase da convocatoria.
As bases xerais do referido proceso selectivo foron aprobadas en sesión da Xunta de Goberno Local do 12 de marzo de 2020 e publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 128, do 7 de xullo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, xuntamente coa sede municipal, www.vigo.org
Vigo, 4 de novembro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 26.9.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
