A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 8.10.2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se necesitan ocupar para a execución do novo centro de saúde e outros equipamentos públicos, situados no barrio do Sagrado Corazón, en terreos cualificados como equipamento público.
Relación de bens e dereitos que se van expropiar:
|
Referencias catastrais |
Superficie total de solo que se vai expropiar |
Superficie construída total |
Titularidade catastral |
Titularidade rexistral |
|
8239002PH1683N0001RK 8239002PH1683N0002TL 8239002PH1683N0003YB 8239002PH1683N0004UZ 8239002PH1683N0005IX 8239002PH1683N0006OM |
5.641,57 m2 |
4.356,22 m2 |
Fundación Galicia Obra Social |
NCG Banco, S.A. Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social |
Segundo. Someter o proxecto de expropiación a información pública polo prazo dun mes, de conformidade co artigo 118.2 da LSG, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Durante este prazo o expediente estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Lugo.
A información pública efectuarase mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e na páxina web do Concello de Lugo.
Terceiro. Notificarlles ás persoas que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante o traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.
Lugo, 20 de outubro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 2730/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Concelleiro delegado de Urbanismo, Deportes e Xuventude
