De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar as comunicacións a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1749/2025) Resolución de inicio O.E. do 16.10.2025 |
36053A01900169 (polígono 19, parcela 169) |
Alxán Soutomaior |
Iglesias Pérez, Juan |
|
Orde de execución (exp. 1748/2025) Resolución de inicio O.E. do 16.10.2025 |
36053A01900165 (polígono 19, parcela 165) |
Alxán Soutomaior |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1361/2025) Resolución de inicio O.E. do 19.9.2025 |
36053A01200326 (polígono 12, parcela 326) |
Moreira Soutomaior |
Grande Míguez, Lucinda |
|
Orde de execución (exp. 1300/2024) Resolución de inicio O.E. do 2.10.2025 |
36053A01400953 (polígono 14, parcela 953) |
Alxán Soutomaior |
Pérez Pérez, Esther |
|
Orde de execución (exp. 1726/2025) Resolución de inicio O.E. do 2.10.2025 |
36053A01402097 (polígono 14, parcela 2097) |
A Xesteira-Arcade |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1725/2025) Resolución de inicio O.E. do 6.10.2025 |
36053A01400123 (polígono 14, parcela 123) |
A Xesteira-Arcade |
Lorenzo Bouzón, José |
|
Orde de execución (exp. 1747/2025) Resolución de inicio O.E. do 16.10.2025 |
36053A01401115 (polígono 14, parcela 1115) |
Alxán Soutomaior |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1436/2025) Resolución de inicio O.E. do 19.8.2025 |
36053A01600707 (polígono 16, parcela 707) |
O Conde-Arcade |
Vidal Pazos, Florencio |
|
Orde de execución (exp. 1393/2025) Resolución de inicio O.E. do 19.8.2025 |
36053A01501282 (polígono 15, parcela 1282) |
Arcade |
Monroy Pérez, Mª Mercedes |
|
Orde de execución (exp. 1386/2025) Resolución de inicio O.E. do 19.8.2025 |
36053A01501495 (polígono 15, parcela 1495) |
Cortiñas (Veiga do Medio)-Arcade |
Fuentes Castellano, Rafael |
|
Orde de execución (exp. 1389/2025) Resolución de inicio O.E. do 21.8.2025 |
36053A01501496 (polígono 15, parcela 1496) |
Cortiñas (Ferrado)-Arcade |
Fuentes Castellano, Rafael |
|
Orde de execución (exp. 1388/2025) Resolución de inicio O.E. do 19.8.2025 |
36053A01501497 (polígono 15, parcela 1497) |
Cortiñas (Veiga do Medio)-Arcade |
Barreiro Soto, Roberto |
|
Orde de execución (exp. 1387/2025) Resolución de inicio O.E. do 21.8.2025 |
36053A01501498 (polígono 15, parcela 1498) |
Cortiñas (Veiga do Medio)-Arcade |
Castellano Martínez, Hdros. de Manuel |
|
Orde de execución (exp. 1525/2025) Resolución de inicio O.E. do 30.10.2025 |
36053A01400154 (polígono 14, parcela 154) |
Negueiros-Arcade |
Varios propietarios |
|
Orde de execución (exp. 1526/2025) Resolución de inicio O.E. do 30.10.2025 |
36053A01400178 (polígono 14, parcela 178) |
Negueiros-Arcade |
Descoñecido/a |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionaren a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción destas notificacións.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa de Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa, a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e os custos repercutirán ás persoas responsables.
Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.
Soutomaior, 5 de novembro de 2025
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
