En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Aguas de Oca.
DNI: ***7537**.
Expediente: DH.A15.109529.
Volume total anual: 9.550,8 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,53 l/s.
Destino: doméstico.
Orixes:
A) x= 526.466, y= 4.751.460 (fuso 29 ETRS89).
B) x= 526.603, y= 4.751.471.
C) x= 526.603, y= 4.751.471.
D) x= 526.609, y= 4.751.479.
E) x= 526.630, y= 4.751.437.
Lugar: Cruz dos Campos.
Parroquia: Ames (San Tomé).
Concello: Ames (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento de augas consiste na captación de catro mananciais no lugar da Cruz de Campos para o abastecemento doméstico no lugar de Oca, parroquia de Ames, no concello de Ames (A Coruña). A rede de distribución consta de dúas redes principais e unha secundaria que distribúe a auga ata as vivendas dos 45 comuneiros.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 999 097.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
