En cumprimento coa solicitude formulada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela na cal se ordena o emprazamento ás persoas interesadas, en relación co recurso PO 618/2025 interposto por Jesús Pérez Balirac, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como persoas interesadas na Resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos extraordinario de estabilización da entidade publica empresarial Portos de Galicia publicada na páxina web de Portos de Galicia na seguinte ligazón Información de procesos selectivos de Portos de Galicia-Portos de Galicia, para que poidan presentarse ante o Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, no prazo de nove (9) días, contados desde a publicación deste anuncio.
O que se fai publico para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente: PO 618/2025.
Demandante: Jesús Pérez Balirac.
Demandado: EPE Portos de Galicia.
Acto demandado: Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se desestima o recurso de reposición formulado pola outra parte contra a Resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos extraordinario de estabilización.
Acto publicado: emprazamento ás persoas interesadas.
