DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61204

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión da biomasa (expediente 1463997E).

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), sitas na rúa do Concello, núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Expediente

Referencia catastral

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

Superficie afectada por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Data constatación do incumprimento

Persoa responsable da xestión da biomasa

1463997E

15031A01500138

Culleredo

Rúa Monte Chans (Rutis) (polígono 15, parcela 138)

1.706,10 m²

375,34 €

28.4.2022

8.4.2025

Titular

descoñecido

Culleredo, 7 de novembro de 2025

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente