A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 5.11.2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se necesitan ocupar para a execución do plan parcial do S-16.R.
Relación de bens e dereitos que se precisa expropiar:
|
Número de parcela |
Referencia catastral |
Superficie total da parcela (m2) |
Titular catastral |
Superficie que se precisa expropiar (m2) |
|
10 |
27900A015000210000EH |
1.099 |
López López, Andrés |
72 |
|
11 |
27900A015000090000EI |
823 |
Núñez Castro, Domingo |
44 |
|
12 |
27900A020000220000EO |
1.279 |
En investigación |
26 |
|
13 |
27900A020000260000EX |
1.262 |
Rodríguez Santos, José |
331 |
|
14 |
27900A021001580000EK |
1.172 |
Herdeiros de Castro Romay, Bienvenido |
295 |
|
15 |
27900A021001570000EO |
1.489 |
Barreiro Becerra, Ana María |
157 |
|
16 |
27900A021001620000ER |
886 |
Arias Lugilde, Juan |
32 |
|
17 |
27900A021001630000ED |
783 |
González Rodríguez, María |
20 |
|
18 |
27900A021002050000EW |
1.042 |
Iglesias Gómez, José Luis Alvelo Iglesias, Miguel Ángel López Iglesias, Antonio López Iglesias, David Iglesias Gómez, Olga Fernández Iglesias, Olga María Fernández Iglesias, José Luis |
30 |
|
19 |
27900A021001640000EX |
832 |
Gayoso Estevo, Domingo V. |
26 |
|
20 |
27900A021001650000EI |
1.455 |
Ares Lugilde, Isabel |
51 |
|
21 |
27900A021001660000EJ |
1.406 |
Herdeiros de Riveira Castro, María Pilar |
275 |
|
22 |
27900A021001670000EE |
9.275 |
Roca Recimil, Carlos Daniel |
141 |
|
25 |
27900A021002810000EP |
2.405 |
Rivas Castro, Pilar |
550 |
Segundo. Someter o proxecto de expropiación a información pública polo prazo dun mes, de conformidade co artigo 118.2 LSG, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Durante este prazo, o expediente estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Lugo.
A información pública efectuarase mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo.
Terceiro. Notificarlles ás persoas que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante o traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.
Cuarto. Dar traslado ao Ministerio Fiscal desta resolución relativa a todos aqueles propietarios ou titulares de bens ou dereitos afectados por este expediente expropiatorio que figuren con domicilio descoñecido ou en investigación, ou que estivesen incapacitados e sen titor por unha persoa que legalmente os represente, conforme o previsto no artigo 291.5 do Decreto 143/2026, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Lugo, 17 de novembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto número 10280/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Tenente de alcalde delegado de Urbanismo,
Deportes e Xuventude
