De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46 e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para notificarlle a resolución do recurso de alzada ditada no procedemento instado por ela, ao ser devolta polo servizo de Correos por non se poder efectuar por causas non imputables á Administración.
No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoa interesada poderá comparecer, persoalmente ou debidamente representada, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da referida resolución e do seu expediente administrativo. Advírteselle que, de non facelo así, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 27 de outubro de 2025
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. de expediente |
Persoa interesada |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
|
BS626F27065002424 |
Y0895000S |
Desestimación |
8.5.2025 |
