De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñecerse o domicilio, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persona interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, de conformidade co sinalado no referido acordo de incoación, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De no efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 8 de novembro de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: BSO00B 06-2025.
Persoa interesada: pasaporte BF537557.
Acto de notificación: Acordo do 1 de outubro de 2025 do procedemento sancionador.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 94.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción proposta: artigo 96.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro.
