Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: Regulamentación LMTA PAL805 e PAL806 no tramo entre os apoios nº D11 e nº D16.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
• Substitución do apoio nº D13 de tipo HV-S-AL-12/2A-DC-CS por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-S-AL-18/1000-DC-E30(180)-CSIII.
• Substitución dos apoios nº D11, D12, D15 e D16 por novos apoios de celosía metálica de tipo C-A AL-18/4500-DC-E30(180)-CAIII, C-S-AL-18/1000-DCE30 (180)-CSIII, C-S-AL-18/1000-DC-E30(180)-CSIII e C-FL-16/7000-DCE30 (120)-CAIII.
• Desmantelamento de apoio de formigón nº D14.
• Substitución dos condutores da LMTA PAL 805 e PAL806, de tipo LA-110 no tramo entre os apoios nº D11 e nº D16, por novos condutores tipo LA-110, cunha lonxitude de 433 m.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Palas de Rei. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/palas-de-rei
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 2 de outubro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA PAL805 e PAL806
no tramo entre os apoios nº D11 e nº D16
Concello: Palas de Rei.
Expediente: IN407A 2025/34 ATE.
|
Nº de predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Apoio (nº) |
Apoio. Sup. ocupación permanente (m2) |
Afección voo (ml) |
Afección voo (m2) |
|
3 |
1 |
362 |
Curro |
Monte baixo |
Hros. Dosinda Besteiro Rouco |
D13 |
2 |
