DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2025/225-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT O Pantaño.

Situación: Mos.

Características técnicas:

– Substitución do apoio A54VP1FS da liña de media tensión aérea (LMTA) RED712 (Os Valos, 12) por un apoio C-3000/14 no cal se instala un reconectador telecontrolado e se realiza un paso aéreo subterráneo.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) Al, de 201 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-3000/14 e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 100 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A002000490000SK, na estrada do Folón-Louredo.

– Retensado dos vans aéreos contiguos ao apoio proxectado C-3000/14 (386 metros de condutor LA-56).

– A instalación está situada no Pantaño, no concello de Mos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de novembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/225-4.

Denominación: LMT, CT O Pantaño.

Concello: Mos.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Apoio/CT

m2

ml sub.

m2 sub.

2

CM Costa da Gerla-Louredo, Mos

Rústico. Agrario. Labor ou labradío

36033A002000490000SK

Descoñecido

CT

25,37

-

-