De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 10 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Interesado/a |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
|
32813528A |
IN635A 2025/245-1 |
Resolución |
A Coruña |
|
32363679B |
IN635A 2025/486-1 |
Alegacións |
Abegondo |
|
32428692A |
IN635B 2025/12-1 |
Resolución |
A Coruña |
