DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA BCR807 entre os apoios número 268 e CT 27AJ75 (concello de Cervantes) (expediente IN407A 2022/42 ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio comunícanse a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA BCR807 entre os apoios núm. 268 e CT 27AJ75 (Cervantes), que se realizarán na Casa do Concello de Cervantes, segundo o calendario e o horario que se sinalan no anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosar o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 13 de novembro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/42 ATE.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: adecuación LMTA BCR807 entre os apoios núm. 268 e CT 27AJ75 (Cervantes).

Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no Concello de Cervantes.

Concello

Titular

Día

Hora

Predio

Cervantes

Monte veciñal Donís

25.2.2026

10.30

2