De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para seren notificada por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que ditou a disposición ou o acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren oportuno.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
IN635A-2025/110-4 RAE-PO-117/25 |
35418901M |
Notificación de resolución do recurso de alzada |
