DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B36.11274 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo as resolucións de corrección de erros de expedientes de concesións de augas, por haber detectado algún erro material, ditados no expediente DH.B36.11274 e seis máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B36.11274

Sercoysa, proyectos y obras, S.A.

14.10.2025

DH.B36.11022

Manuel Justo Cal

14.10.2025

DH.B27.04421

María Josefa Puente Piñeiro

14.10.2025

DH.C15.04558

José Antonio Santos Martínez

14.10.2025

DH.B36.10647

Juan José López Serantes

14.10.2025

DH.B36.11278

Ricardo Santos Facorro

14.10.2025

DH.B36.11693

Saladina Sánchez Penido

14.10.2025