DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia do arquivo ditado no expediente de denuncia DH.D15.109938.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase por medio deste anuncio, a persoa titular do NIF 76490027P para ser notificada por comparecencia do arquivo do 16 de outubro de 2025 ditado no procedemento de dilixencias previas en materia de dominio público hidráulico no expediente de denuncia DH.D15.109938.

En cumprimento do artigo 46 da LPACAP, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico dgc.augas@xunta.gal ou no teléfono 981 54 47 26.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro