DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61130

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 18 de novembro de 2025 pola que se convoca a XIV Edición do programa INCUVI-Emprende desta universidade.

BDNS (Identif.): 869996.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/869996

Primeiro. Persoas beneficiarias

Membros dos equipos promotores das ideas que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou máster universitario no curso 2025/26, persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2022/23 ou posteriores e estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas doutras universidades españolas no curso 2022/23 ou posteriores, sempre que estes non superen o 50 % dos membros do equipo.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é apoiar as ideas emprendedoras que xurdan entre o estudantado e as persoas recentemente tituladas pola Universidade de Vigo co fin de fomentar o espírito emprendedor e impulsar as habilidades e competencias emprendedoras entre a comunidade universitaria.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convoca A XIV Edición do programa INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo.

Cuarto. Contía

O importe máximo do crédito orzamentario ascende a doce mil euros (12.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 19 de novembro ata o 10 de decembro de 2025.

Vigo, 18 de novembro de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resoución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade