DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61128

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 18 de novembro de 2025 pola que se convoca a X Edición do programa INCUVI-Avanza desta universidade.

BDNS (Identif.): 870096.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/870096

Primeiro. Persoas beneficiarias

Membros dos equipos emprendedores das ideas que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou máster universitario no curso 2025/26, persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2022/2023 ou posteriores e estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2022/2023 ou posteriores, sempre que estes non superen o 50 % dos membros do equipo.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas que contribúan á aceleración de Proxectos emprendedores promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade de Vigo co fin de que estas poidan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convoca a X edición do programa INCUVI-Avanza desta universidade.

Cuarto. Contía

O importe máximo do crédito orzamentario ascende a dez mil euros (10.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 19 de novembro ata o 10 de decembro de 2025.

Vigo, 18 de novembro de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade