DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61126

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 18 de novembro de 2025 pola que se convoca a VI Edición do programa INCUVI-Consolida desta universidade.

BDNS (Identif.): 870053.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/870053

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarios dun premio nas últimas tres edicións da convocatoria UNCUVI-Avanza e que se presenten co mesmo proxecto desenvolvido durante a súa participación no programa INCUVI-Avanza.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é a concesión de dunha axuda que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvueltos total ou parcialmente na Universidade de Vigo e promovidos por persoas recentemente tituladas nesta con fin de que os/as beneficiarios/as poidan seguir madurando o proxecto, validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convoca a VI edición do programa INCUVI-Consolida desta universidade.

Cuarto. Contía.

O importe máximo do crédito orzamentario retido ascende a dous mil euros (2.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 19 de novembro ata o 10 de decembro de 2025.

Vigo, 18 de novembro de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade