BDNS (Identif.): 870076.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/870076
Primeiro. Persoas beneficiarias
Persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33 % polo organismo competente da Comunidade Autónoma. Así mesmo, e de xeito excepcional para este procedemento, admitirase a acreditación a través de resolución de incapacidade do INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social).
2. Estar matriculado/a en centros propios ou adscritos da Universidade de Vigo en titulacións oficiais de grao ou máster universitario no curso 2025/2026.
3. No caso de matrícula en titulacións de grao, ter superado ata o curso 2024/25, o 50 % dos créditos dos estudos de grao.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é facilitar o desenvolvemento de prácticas para estudantes universitarios con discapaciade, que inclúa a realización de práctivas académicas externas remuneradas, facilitando o seu acceso a unha primerira experiencia laboral e mellorando así as súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución pola que se convocan bolsas para a realización de prácticas académicas externas do programa ONCE-CRUE dirixido oa estudantado con discapacidade no curso 2025/26.
Cuarto. Contía
O importe máximo do crédito orzamentario ascende a dez mil euros (10.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 14 de novembro ata o 10 de decembro de 2025.
Vigo, 13 de novembro de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
