DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de novembro de 2025, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-8/2025.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 14 de novembro de 2025

Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIE

Acto obxecto de notificación

LU-8/2025

76569567Z

33303195T

Resolución de expediente administrativo sancionador