DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de novembro de 2025 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-38-25-64 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución dos expedientes é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación destes acordos, para formularen alegacións e, de ser o caso, propoñeren proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non se efectuaren alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolución.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a publicación destes acordos, para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente.

Matrícula.

Denunciante.

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado.

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-38-25-64

8510-HCD

Pafif

76779561H

Estacionamento prohibido

20.8.2025; 11.25 horas

Muros (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-25-242

5581-NCH

Pafif

05961833A

Estacionamento prohibido

12.7.2025; 12.29 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-17-25-25

4049-LLM

Pafif

78735984S

Estacionamento prohibido

20.9.2025; 1.35 horas

Bueu (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-17-25-13

4079-HTP

Garda Civil

35293800R

Estacionamento prohibido

15.8.2025; 23.55 horas

Bueu (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-17-25-21

PO-3486-BG

Gardapeiraos

35279024Z

Estacionamento prohibido

20.8.2025; 11.33 horas

Moaña (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 14-07-25-30

3148-GNM

Gardapeiraos

96410019Y

Estacionamento prohibido

27.6.2025; 17.03 horas

Viveiro-Celeiro (Lugo)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 14-07-25-61

6980-MZY

Gardapeiraos

Y6381534Z

Estacionamento prohibido

24.6.2025; 17.29 horas

Viveiro-Celeiro (Lugo)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 14-07-25-74

7ª-SS-1-146-93

Gardapeiraos

76332623Q

Atracada continuada sen autorización

8.8.2025; 9.39 horas

Viveiro-Celeiro (Lugo)

Artigo 131.b) e p) da

Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

300 €