DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61385

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se modifican a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 210, do 30 de outubro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva consolidada da fase de concurso da categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Como consecuencia da estimación dunha serie de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación de García Caíña, María José, DNI ***7867**.

Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Terceiro. Mediante a Resolución do 5 de novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), este tribunal acordou facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 039, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Cuarto. Como consecuencia da modificación da baremación definitiva desta resolución, este tribunal acorda facer pública como anexo a esta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente. Aquelas persoas aspirantes que xa presentasen a documentación non terán que volver presentala.

Quinto. Elevar a devandita modificación da relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: grupo II (concurso).

Corpo/categoría: técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (0039).

Prazas acceso libre: 5.

Prazas acceso pola base I.1.1: 0.

Núm. orde

DNI/NIE

Apelidos, nome

Quenda

Puntuación

1

***9176**

Miniño Rodríguez, Venancio

Libre

90,32

2

***7533**

Castro Lorenzo, Constantino

Libre

83,72

3

***5874**

Arriba Polín, Pedro José de

Libre

76,60

4

***9508**

García López, José Ángel

Libre

75,20

5

***7867**

García Caíña, María José

Libre

73,85